Dezasete «Hypatias» no local social de Sandiás nun faladoiro sobre muller e sostibilidade rural

Tarde de Hypatias, o pasado martes, 29 de agosto no Concello de Sandiás. Dezasete persoas participantes de Xinzo, Vilar de Barrio e Sandiás xuntáronse dende as 17:00 ás 19:00 no Centro Social de Sandiás, continuando coas sesión do programa Hypatia. O tema de formación, diálogo e compartir foi: “As Mulleres, piar de sostenibilidade rural”.

O Programa Hypatia é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de igualdade, deseñado para a comarca da Limia. Leva ou nome da primeira científica da historia. Os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás, nun exercicio de cooperación institucional, deseñaron este Programa no marco da convocatoria da Xunta de Galicia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?