O patrimonio, ademáis das manifestacións tanxibles, como monumentos ou espazos naturais, integra tamén a cultura inmaterial (costumes, música, contos, tradicións, alcumes, topónimos…). No día de hoxe, mostramos cinco elementos patrimoniais do noso concello que estamos a consolidar, conservar e poñer en valor de xeito progresivo.
O primeiro é o proxecto de creación e sinalización de rutas de avistamento de aves nas Areeiras de Sandiás e Canal da Lagoa de Antela (na foto pódese ver o observatorio ornitolóxico 2 na Cabana dos Terróns).
O segundo é a celebración do V Centenario da Igrexa de Santo Estevo mediante charlas, visitas guiadas, exposición e diseño dun panel interpretativo situado ao carón da igrexa, rectoral e cruceiro.
O terceiro elemento patrimonial ten que ver coa divulgación do Resume Xeneral de Folclore de Sandiás, do noso veciño, Urbano Santana, publicado na Revista Nós, no contexto do Centenario da revista.
O cuarto elemento patrimonial ten que ver coa primeira Visita Guiada ao Pazo do Telleyro (Couso de Limia) e as sesión divulgativas sobre cultura e arquitectura palaciana e fidalguía que se celebraron nas instalacións do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.
Por último, mostramos a primeira fase das obras de consolidación e conservación da Torre do Castro, subvencionadas pola Xunta de Galicia.