Mallou é un dúo de música folk tradicional formado por Sabela King e Benjamín Vázquez. O seu repertorio comprende dende algunhas das grandes cancións populares da nosa música ata composicións de colleita propia. Reinterpretan cancións de Suso Vaamonde, Amancio Prada, Xoán Montes Capón, Fran Pérez “Narf”, entre outros.
- Que é? Un espectáculo con versións de música galega e temas propios.
- Cando terá lugar? O sábado 14 de agosto ás 22:00.
- Onde terá lugar? Ao carón da Torre do Castro (Sandiás).
- Cal é a duración da sesión? 60 minutos.
- Aparcadoiro: acceso pola pista dende a aldea de Santa Ana ao Castro.