Por segunda vez no Concello de Sandiás, levaron a cabo unha interpretación orixinal a través dunha maxia de proximidade, procurando sempre a interactividade co público, especialmente cos máis pequenos e pequenas.
Grazas de corazón pola presenza de trinta e dous veciños e veciñas, con especial presenza de público infantil.
Comezaron Elisa e Ian cun quebracabezas máxico seguido dun truco de mentalismo onde billetes falsos convertíanse en verdadeiros. Despois dun xogo-truco de cartas, chegaron as marabillosas sombras chinescas inspiradas na canción Imagine de John Lenon, poñendo en valor a igualdade de todas as persoas.
Fixeron o truco do ovo pero tamén nos ensinaron paso a paso o segredo do mesmo. Mentalismo con figuras de leigos elixidos polos máis pequenos, maxia co roubo de carteiras e peche do espectáculo cun belo final de maxia coa neve.
Ao final, facendo globoflexia, regalaron entre os pequenos e os maiores do público preciosas figuras de polbo, pingüín, cisne, can, tigre e osos.