En marcha o Obradoiro de Carpintería e Xardinería «No Camiño 2022» en Sandiás

Pola mañá do 5 de outubro na Casa do Concello de Xinzo de Limia, a alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso presentaron o Obradoiro de Emprego “No Camiño 2022” que terá unha duración ampliada de 12 meses e ofrecerá prácticas de traballo, cursos de formación e un salario a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Tamén se incorpora unha directora e monitores para a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e para a especialidade de Instalacións de elementos de carpintería.

En Sandiás, o obradoiro está traballando nas áreas recreativas das aldeas de Couso de Limia, Sandiás (O Souto e Campo de San Nicolás), Chousela e Piñeira de Arcos (área recreativa e patio das vivendas sociais).

Os integrantes do obradoiro están desenvolvendo en relación coa xardinería, traballos de desbroce e limpeza, perfilación de valados, podas selectivas de árbores, plantacións arbustivas mantemento de xardíns e semente de céspede, entre outros. En relación coa carpintería, listonado de madeira deteriorada en áreas recreativas, substitución de xardineiras por outras de madeira, restauración de bancos de madeira, instalación de macetas de madeira, execución de entramado de madeira en muro de contención existente e reparación ou reposición de elementos deteriorados en zonas de xardíns, construcción de muro-celosía e outras actividades varias.

Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volven a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas.

O obradoiro ofrecerá formación nas especialidades de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e na de Instalación de elementos de carpintería. Por parte do alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, destacou esta “oportunidade de formación, xa que aprendendo tamén se traballa”. O rexedor insistiu en que “tanto Elvira Lama como eu estamos ao voso dispor e estou seguro de que este Obradoiro volverá a ser formidable”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?