Escoitas o «cri cri» da auga no inferno do muíño?

Maxistral interpretación dos personaxes Sabela e Xácome, que  desenvolven  anacos da  súa vida  nun  muíño de  auga.  As  lendas, a tradición e a música  achégannos a esta institución antiga dun  xeito divertido, ameno e didáctico para os  cativos e  non tan  cativos.

Moitas grazas aos cáseque medio centenar de veciñ@s que asistiron a obra de teatro.

Explícannos en que consiste a moenda (debullar o millo, botar o gran, bater as pedras, peneirar e obter a fariña), introdúcennos nas partes do muíño (cando nos falan da escoba esnaquizada polo rodicio); fálannos de brincadeiras; historias contadas (“o primeiro bico”, “ a man dunha alma en pena”, “a  historia do corvo como presaxio da morte”); xuntanzas, refráns e sentencias (“o muíño a moer e os ratos a roer”) e festas comunais (“mentras o muíño canta, imos bailar”).

Comeza a  moenda no outono cando caen as follas, despois vén o inverno coas historias do Nadal cando Xácome lle regala por reis a Sabela unha pedra branca como a lúa, xúntanse no muíño para superar o frío e no entroido Xácome convírtese no “home do saco”. Cambia o vestiario que anuncia a primavera coas  flores. Segue a moenda e o curso da auga do río segue fluíndo.

Chega o verán e de súpeto párase o muíño por falta de auga no río. Sabela e Xácome escoitan  unhas máquinas que están a construir unha nave que  cambia o seu curso.  Unha  maquía eléctrica que  moe  máis rápido.

Seguirá  habendo  muiños eléctricos modernos pero  xa  non haberá  xuntanzas,  non se compartirán  contos e historias  nin  haberá bailes  nin  namoramentos. Que será dos antigos muíños?  As súas pedras quedarán destruídas e  esquecidas.

O progreso  esnaquiza o mundo  ou o  mellora?

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?