Espectáculo de Maxia: Alquimia do Mago Teto

Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do MAGO TETO. Durante milleiros de anos os alquimistas, nómades con grandes coñecementos, nas matemáticas, na física, na química, na astroloxia, e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo  cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a “pedra filosofal”.

Os soños dos alquimistas eran dominar a natureza, o lume, e finalmente, o tempo. Eles crían que a “pedra filosofal”  podería concederlles  tanto a cura de todas as enfermedades como a riqueza, transformando metais en ouro.

Nesta nova aventura, O MAGO TETO, tras varios anos estudando a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas, perseguindo o seu sono, non para acadar riqueza e vida eterna, senón a felicidade do público e do propio mago e así lograr a “Gran Obra”.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?