O venres 24 de novembro ás 12:00 da mañá inauguraremos no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela co alumnado do CEIP de Sandiás a exposición itinerante (6 paneis de 80×1,80) “As nosas amigas as cegoñas”, explicando desde a bioloxía, hábitats, alimentación, poboación na provincia de Ourense múltiples datos dos censos realizados, pasando por ameazas e dificultades como son a destrución de niños, colisión e electrocución en tendidos, eólicos e a proliferación da inxesta de residuos sólidos, gomas, micro plásticos, así como a problemática das cordas de rafia que portan aos niños. Todos os contidos son transmitidos a través de interesantes actividades didácticas prácticas, divertidas e activas.
Explicarán ao alumnado as particularidades da Cegoña branca (Ciconia ciconia) e farase mención especial á Cegoña negra (Ciconia nigra). É unha exposición que viaxará por toda a provincia de Ourense (e resto de Galicia), polos núcleos máis activos con poboación da especie.
Non podemos esquecer que a cegoña branca (Ciconia ciconia) atópase incluída en distintos convenios ou normativas que velan pola protección da fauna, como son o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas e o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.