Felipe Traveso, na reunión de alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia co presidente da CHMS

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso foi convocado o martes, 15 de Xuño na Subdelegación de Goberno a unha reunión dos alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Xosé Antonio Quiroga coa finalidad de coñecer de primeira man as preocupacións dos rexidores en relación con varias asuntos problemáticos da comarca: a limpeza de pistas agropecuarias; canais principais, secundarios e terciarios, particularmente o río Limia e o canal principal; a problemática da calidade das augas e o problema da contaminación asociado a elas e a limpeza de ríos e regatos. Así mesmo, o presidente da CHMS clarificoulle aos rexedores as competencias da Confederación nestes ámbitos e as competencias propias de carácter autonómico (Xunta de Galicia) e municipal (Concellos), facendo unha chamada a sinerxia entre as diferentes administracións e o Organismo de Conca.

Respecto dos canais secundarios e terciarios, explicou o presidente da CHMS que son competencia autonómica e dos concellos salvo o canal principal e dous secundarios. Respecto as pistas da concentración parcelaria indicou que a CHMS non ten competencia no seu acondicionamento que depende da administración autonómica. No que ten que ver coa limpeza e conservación de ríos e regatos na comarca da Limia, comprometeuse a reforzar a limpeza coa posta en práctica dun plan especial que duplicará as inversións previstas, incluíndo tamén as infraestructuras de competencia estatal.
En relación co tema da calidade das augas da comarca, o presidente da CHMS insistíu na importancia da formación e no coñecemento e aplicación de boas práctica agropecuarias superando o arraigo de prácticas non adecuadas. Neste ámbito, comprometeuse a traballar na mellora da calidade das augas mellorando os sistemas de saneamento, nos que se está a traballar, de momento, en Vilar de Barrio, Sandiás, Calvos de Randín e Porqueira.

Autor: www.creandotuprovincia.es
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?