I Visita Guiada ao humidal artificial das areeiras de Sandiás

No marco do Verán Cultural 2023, terá lugar unha primeira visita guiada ás areeiras. A actividade é gratuita e conta con varios especialistas nos diferentes patrimonios, entre eles, Serafín González, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01).

Terán lugar 3 roteiros sobre:

1. O patrimonio xeolóxico-mineiro.
2. O patrimonio natural.
3. O patrimonio histórico-etnográfico.

  • Cando terá lugar? O 29 de xullo do 2023, de 09:30 a 13:30.
  • Cal é o punto de encontro? O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás).

Lembra que para as inscricións, hai que chamar ao teléfono do Concello de Sandiás (988 465 001) no horario de atención.
Prazo de inscricións: ata o 28 de xullo.

Esta actividade é gratuita e aberta a todos os públicos.

Aproveita a oportunidade para descubir o patrimonio xeolóxico-minerio visitando “in situ” unha explotación dunha charca areeira, o patrimonio natural observando variedade de aves e visitando os proxectos da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e o patrimonio histórico etnográfico coñecendo os primeiros habitantes dos Palafitos na Lagoa de Antela e a Arquitectura en terra das Casas dos Terróns, visitando algunhas aldeas ao carón da Lagoa.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?