III Visita Guiada pola Arquitectura e Cultura palaciana da Fidalguía Rural no Pazo do Telleyro

A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás. O Concello organiza unha III Visita Guiada polo Pazo do Telleyro (Couso de Limia), parte do importante patrimonio monumental. Unha boa oportunidade para descubrir a fidalguía e a cultura palaciana no rural ourensán. O Pazo é un dos máis belos e con máis carácter da comarca da Limia Alta. Emplazado ao carón do Camiño Real, base do Camiño de Santiago de peregrinación, ten máis de tres séculos de historia.

Despois do éxito da I e II Visita dos anos pasados con máis de dous centenares de demandantes da actividade, este ano volve un novo roteiro executado de maneira maxistral, con ciencia histórica, memoria e imaxinación por Claudia Cabrera, especialista no tema con estudos avanzados de Museoloxía e Patrimonio histórico Artístico.

As visitas guiadas realízanse o sábado 29 de xullo de 2023 en dous tramos horarios (sesións) por orde rigurosa de inscrición. A primeira sesión entre as 16:00 e as 18:00, e a segunda sesión entre as 18:00 e as 20:00. A actividade é gratuita.

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01).

  • Cando terá lugar? O 29 de xullo do 2023, en dous horarios. Un de 16:00 a 18:00 e outro de 18:00 a 20:00.
  • As incricións quedarán rexistadas en riguroso orde de chamada ao teléfono do Concello de Sandiás (988 465 001) no horario de atención.
  • AFORO LIMITADO PARA CADA SESIÓN.

Aproveita a oportunidade para descubir o pazo por fóra (blasóns, patins, pombar, souto, capela…); por dentro (salón, fotografía antiga, linaxes, cabalerizas, cocheira…); e tamén para descubrir os segredos que nos mostra (O “Mergullo”, o caso de Liberata da Aira, as 300 carballeiras centenarias, o roubo a dona do pazo Isabbel Arce, os linaxes e as súas características, o papel de Paiva Couceiro “vivaqueando” pola Lagoa de Antela lonxe dos carabineiros de Chaves, as partidas de armas no telleyro e os Añel, forxa de terratenentes).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.