Instalación dun panel interpretativo no contexto do V Centenario da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

A actuación que se levou a cabo implicou a colocación dun panel interpretativo para visibilizar e poñer en valor o patrimonio cultural e inmaterial asociado á Igrexa e a súa contorna. O panel rectangular, cun marco tipo Dibond  instalouse sobre unha estrutura metálica con ancoraxes voantes de cor gris. Dita estrutura metálica situouse sobre o muro de perpiaño que da acceso ao atrio da  igrexa facendo coincidir as perforacións coas xuntas da pedra. Os traballos  tiveron lugar sobre a Igrexa de Santo Estevo cun grao de protección integral e dentro dos contornos próximos de protección de varios bens arquitectónicos: Cruceiro, Casa Reitoral e Forno e dun ben arquitectónico romano, A Ara de Sandiás, todos  eles  recollidos dentro do Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Os traballos leváronse a cabo a partir da aprobación contida na resolución da dirección xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que segue as indicacións do Manual de Sinalización Turística. A demanda de instalación do panel foi realizada polo Concello de Sandiás á Axencia Galega de Turismo no contexto da celebración do V Aniversario da Igrexa de Santo Estevo na Parroquia de Vilar de Sandiás.

O texto do panel foi documentado e redactado por unha historiadora da Arte.  Trátase  dun panel interpretativo escrito en tres idiomas onde se reforza, de maneira especial, o comentario do singular retablo e hornacinas do escultor Francisco de Moure

Estamos ante unha auténtica xoia artística. Ten elementos que os  estudosos  encadran entre o estilo renacentista e tardo-gótico. O templo conserva no  seu interior o retablo renacentista de Francisco de Moure,  unha  fermosa bóveda de cruzaría renacentista e as singulares portas de estilo manuelino da fachada principal (Oeste) e lateral (norte).

O  Concello de Sandiás presenta  outra iniciativa  máis de sinalización de recursos turísticos, de patrimonio relixioso e de roteiros  naturais como  a Ruta de Avistamento de Aves nas Areeiras de Sandiás. A Concellería de Cultura e Patrimonio de Sandiás quere por en valor o patrimonio para conseguir que a  veciñanza e a xente que nos visite o coñeza e o valore, e así tamén poder conservar e protexer estes recursos, porque o que non se coñece non se valora nin se  coida.

Ao longo do ano do V Centenario da Igrexa tamén se levaron a cabo  outros actos como vinte visitas guiadas por profesionais de Xeitura Patrimonio SCoopGal, charlas-conferencias como a do antropólogo e etnógrafo Manuel  Mandianes sobre o significado antropolóxico do templo na vida das persoas, un renovado estudo sobre o retablo de Francisco de Moure, publicado non número 15 da Revista Lethes pola  mestrado en patrimonio, Belén Gómez Manso e un folleto didáctico divulgativo sobre a Porta da fachada de entrada a igrexa de estilo  manuelino.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?