Algunhas obras de reforma de carácter menor que se están levando a cabo son a reparación de madeiras deterioradas e randeiras na área recreativa de Piñeira de Arcos, instalación en Couso dunha nova marquesiña e de dous cubrecontenedores, e un en Vilariño das Poldras sempre no tramo afectado polo Camiño de Santiago, limpeza de zonas axardinadas de diferentes núcleos de poboación, continuación do labor de arranxo de bancos, reparación das madeiras deterioradas do teito do tanque de Piñeira de Arcos, reparación das madeiras deterioradas do teito e porta do forno comunal de Vilariño das Poldras, colocación de xardineiras nas vivendas sociais e tanatorios nas aldeas de Sandiás, Couso de Limia e Piñeira de Arcos e terminar de facer os taboleiros para fixar puntos informativos nos diferentes núcleos de poboación do concello. As reformas continúarán noutros núcleos de poboación.
Pola mañá do pasado 5 de outubro na Casa do Concello de Xinzo de Limia, a alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso presentaron o Obradoiro de Emprego “No Camiño 2022” que terá unha duración ampliada de 12 meses e ofrecerá prácticas de traballo, cursos de formación e un salario a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Tamén se incorpora unha directora e monitores para a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e para a especialidade de Instalacións de elementos de carpintería.
Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volven a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas.
Deixámosvos un pequeño álbum de fotos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.