Máxica sesión do Mago Teto: a alquimia dirixida ao corazón

Grazas ao Mago Teto pola súa interpretración maxistral, e tamén ás 130 persoas asistentes que nalgún momento tiveron que loitar contra os elementos da natureza, especialmente o vento.

Os alquimistas desexaban dominar a natureza, o lume, e finalmente, o tempo. Eles crían que a “pedra filosofal”  podería concederlles  tanto a cura de todas as enfermedades como a riqueza, transformando metais en ouro. Nesta aventura, o Mago Teto, púxose na pel dos alquimistas, perseguindo o seu sono para acadar a felicidade do público e lograr a “Gran Obra”.

Pompas de xabón convertidas en cristal, un anel que apareceu milagrosamente dentro da casca dun ovo,  maxia matemática, cordas  anudadas e desanoadas, xogos de cartas, creación máxica de neve, conversión da auga en xeo, milagre da multiplicación de botellas de viño, os ingredientes da receita secreta ancestral dos alquimistas, as galiñas dos ovos de ouro e  outras  maxias  na procura da “Gran Obra”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.