Medidas informativas e de prevención nos cemiterios das parroquias

Hoxe, xoves 29 de outubro, desenvolvéronse labores de desinfección manual por parte dos operarios do Concello, feita con hipoclorito disolto en auga actuando de xeito directo sobre o chan, beirarrúas e estruturas varias de cada un dos cemiterios das parroquias de Piñeira de Arcos, Couso de Limia e Sandiás.

Da misma maneira, continuose coa desinfección diaria e sistemática do Centro de Saúde mediante un equipo de ozono clínico. Tamén se colocaron paneis informativos coas normas de prevención e xel hidroalcohólico a disposición de todos os veciños e veciñas.

O alcalde fixo unha chamada a responsabilidade da veciñanza no cumprimento das normas, tamén nos cemiterios, xa que será  fundamental para frear a propagación do virus e garantir a máxima seguridade posible.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.