Miki Dkai: un cómico culpable de que che doa a barriga de rir e de facerche pasar un venres xenial en Sandiás

O pasado venres actuou na Casa da Cultura en Sandiás o cómico gaditano Miki Dkai, humorista e comediante coñecido polas súas participacións no Club da Comedia e Comedy Central. Grazas aos 30 veciños e veciñas que participaron no acto e que seguro o gozaron moitísimo.

Nesta ocasión tróuxonos a Sandiás un espectáculo cómico ao redor dun percorrido do confinamento vivido no día a día coa familia, as redes sociais, a rutina das series e películas, os paseos, o comportamento dos políticos e sobre como cambiaron os tempos desde a infancia. Desde a “permisiva” educación dos nenos de hoxe en día á obsesión dos millennials pola tecnoloxía, pasando polas dietas, as modas, as mulleres, os homes, a educación dos nenos antes e agora… E moito máis!

Pasou revista a todos os temas de actualidade baseados en feitos reais cun humor directo satírico, con salero e desenvoltura, xogando coas esaxeracións pero cun humor amable e buscanso sempre a complicidade e as gargalladas do seu público.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.