Mozos e mozas do Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental do CIFP A Granxa coa súa profesora visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o humidal artificial Areeiras de Sandiás

Alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa (CIFP A Granxa) de Ponteareas acompañados da súa profesora Teresa, visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e as Areeiras de Sandiás. O CIFP A Granxa, está especializado en temas medioambientais e oferta unha especialidade única en Galicia, o Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental en réxime presencial, de adultos e FP Dual de 2º Curso. Unha visita de tres horas e media didáctica e intensa. Graciñas, unha vez máis por esta nova visita a Sandiás. Quedamos moi satisfeitos na “Casa da Lagoa” co voso interese e atención.

  • Biodiversidade e proxectos de recuperación ambiental na Lagoa de Antela e Areeiras

A primeira parte da visita na Casa da Lagoa tivo preto de dúas horas de duración. Tras o visionado de tres curtos audiovisuais como contesxto, pasouse revista a 30 exemplos de biodiversidade disminuida e extinta na lagoa e nas Areeiras de Sandiás tanto no que respecta a flora como a fauna. Tamén se ofreceu información detallada sobre os proxectos de restauración e conservación da Lagaoa de Antela levados a cabo pola Sociedade Galega de Historia Natural (Humidal Antonio Vilariño, Veiga de Gomareite) e tamén as intencións do MITECO do goberno central na zona. Así mesmo aos das Areeiras (Poza das Conícoras e Poa dos Arieiros). Tamén se pasaron revista aos proxectos de recuperación de Charcas das Areeiras por parte do Life Rexenera Limia e os primeros que se levaron a cabo por parte de Patrimonio Natural no marco de actuación da Xunta de Galicia.

  • Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio e sistemas de explotación


Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador, os mozos e mozas recibiron información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias á xeomorfoloxía e ao corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros verticais unha colonia de Anduriña das Barreiras (Riparia riparia).

  • Visita aos observatorios ornitolóxicos: a casa de terróns.

Non podendo visitar o observatorio nº1 (Palafito) polas limitación de tempo, visitamos o observatorio ornitolóxico 2 (Casa dos Terróns), exemplo de arquitectura tradicional sostible en terra. Puidemos observar cegoñas, Mergullón cristado e Anduriñas das Barreiras. O alumnado coa axuda da profesora identificaron diversas plantas no entorno da charca que está ao carón do observatorio.

Quedaron varios temas por ver como a xeografía física e humana da Lagoa (formas de relevo, factores antrópicos como as pegadas do ser humano na zona), cartografía do Complexo Húmido Antela-Limia e tamén aspectos de xeografía cultural (topónimos ou chamadoiros da Lagoa).

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?