Narración oral sedutora e interativa, humor intelixente e maxia aos poucos, con Fran Rei

Fran Rei presentou en Sandiás un marabilloso espectáculo que mesturaba narración oral con gran dose de interacción co público, humor intelixente e momentos de maxia en torno aos “Contos de Barriga Verde” en versión de Manuel María.

Cando Fran Rei era pequeno contáballe contos o seu pai e, por veces, convertíase en mago. De aí naceu o seu oficio. Moitas grazas ao case trinta veciños e veciñas que se implicaron activamente no desenvolvemento do conto.

En primeiro lugar presentounos ao personaxe de Barriga Verde que é vello e mozo ao tempo. Levaba na súa man unha espiga de toxo máxica. Amigo das labregas e mariñeiros. Amigo da troula e fai xustiza coa súa espiga de toxo.

O segundo personaxe era Catuxa. Labrega que busca amigos de verdade, que nunca che fallan. Amigo especial como un noivo.

Brouxán, o serrador. Anda detrás de catuxa para ser o seu noivo e promételle cousas para cativala. O que lle ofrece é todo material (panos de cores, colares de perlas). Catuxa rexéitalle porque os corazóns das mulleres non se compran con nada. O que quere é un compañeiro que lle regale a lúa.

O Fiz é un labrego con alma de poeta. Noivo de Catuxa e que está disposto a regalarlle a lúa e se compromoten para casar. Nomean padriño da súa voda a Barriga Verde e cando están a piques de casar, fai aparición Brouzán que impide a voda porque di que Catuxa é súa. Tenta subornar a Fiz pero non acepta e a voda continúa.

Por último, aparece outro personaxe, o demo, que tamén quere impedir a voda. Quere encadear a Fiz pero este rompe as cadeas grazas á espiga máxica de toxo.

Finalmente, morre o demo, a voda entre Fiz e Catuxa celébrase e Fiz regálalle un espello no cal se reflicte a lúa. Cando ela mírase no espello, verá a súa cara reflectida na lúa.

Nesta historia, Fiz, un mozo labrego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida moza. Coa a axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?