Dende o Concello de Sandiás informamos sobre o conxunto de actividades que coordinamos con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A actividade do 25-N conta coa colaboración do GDR Limia-Arnoia, e nela farase lectura dun Manifesto. A actividade do domingo 28-N está organizada polo concello e consiste nunha andaina.
Como ambientación, teremos unha lona co lema pendurada do balcón da casa do Concello e cartaces. Tamén se repartirán chapas, pulseiras, paraugas, chocolatinas e pegatinas. Animádevos!
- Xoves, 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero: ás 12:00 concentración na Casa do Concello e lectura do Manifesto.
- Domigo, 28 de novembro, Andaina contra a Violencia de Xénero. “Non Peches os Ollos”. Saída ás 10:00 dende Vilariño (Cruce do Xestal) ata Piñeira de Arcos (Os Pozos). Haberá transporte para a volta.