Nova visita guiada pola arquitectura e vida palaciana da fidalguía rural: o Pazo do Telleyro

A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás.  O Concello organiza unha II Visita Guiada polo Pazo do Telleyro (Couso de Limia), parte do importante patrimonio monumental. Unha boa oportunidade para descubrir a fidalguía e a cultura palaciana no rural ourensán. O Pazo é un dos máis belos e con máis carácter da comarca da Limia Alta. Emplazado ao carón do Camiño Real, base do Camiño de Santiago de peregrinación, ten máis de tres séculos de historia.

Despois do éxito da I Visita do ano pasado con máis dun centenar de demandantes da actividade, este ano volve un novo roteiro executado de maneira maxistral, con ciencia histórica, memoria e imaxinación por Claudia Cabrera, especialista no tema con estudos avanzados de Museoloxía e Patrimonio Histórico Artístico.

As visitas guiadas realízanse o sábado 10 de xullo de 2021 en tres tramos horarios (sesións) por orde rigurosa de inscrición. A primeira sesión entre 10.00 h-12.00 h; a segunda sesión, entre 17.00 h-19.00 h e a terceira sesión, entre 19.00 h-21.00 h. Cada unha das sesións ten un aforo limitado de entre 10-12 persoas. A actividad é gratuita. 

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01).

Aproveita a oportunidade para descubir  o pazo por fóra (blasóns, patins, pombar, souto, capela…); por dentro (salón, fotografía antiga, linaxes, cabalerizas, cocheira…);  e tamén para descubrir os segredos que nos mostra (O “Mergullo”, o caso de Liberata da Aira, as 300 carballeiras centenarias, o roubo  a dona do pazo, dona Isabel Arce, o papel de Paiva Couceiro “vivaqueando” pola Lagoa de Antela lonxe dos carabineiros de Chaves, as partidas de armas no telleyro e os Añel, forxa de terratenentes).

Aplicaráse protocolo sanitario. Mascariña obrigatoria, xel desinfectante, distancia social, alfombrilla desinfectante as entradas e saídas, desinfección entre sesións e persoa responsable do cumprimento do protocolo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?