O venres 21 de xullo pola tarde comezou a función de teatro “Os tres porquiños” e a “Ratiña Fachendosa”, un espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Neste comezo da programación de verán no Concello de Sandiás, dámosvos as grazas por os 62 participantes, a maioría nenos e meniñas que gozaron unha chea seguindo atentamente a interpretación dos contos. Pechamos o acto cantando todos xuntos «A saia da Carolina».
Ambos os contos foron unha proposta coidada e visual utilizando o texto tradicional, monicreques, sons, expresión dramática, uso da voz, texturas, cores e música en directo para captar a atención do público cativo e introducir os máis cativos no marabilloso mundo dos contos. A compañía de teatro busca facer un teatro comprensible, crítico e entretenido, provocando a implicación directa do público.