Bos días a tod@s.
Colaboración voluntaria na organización
Outro ano máis, e xa van cinco (se non fora pola Covid-19 xa sería a séptima), finou con gran éxito o V Trail e Andaina Montes de Sandiás, cunha participación preto de medio milleiro de participantes na andaina e no trail é en conxunto, contando familiares, amigos, veciños, preto de 1.000 persoas.
Isto foi posible grazas á colaboración de moitas persoas. Por suposto todos os membros do equipo de goberno do concello e demais concelleiros de Agrelsan, empregad@s do concello, protección civil de Sarreaus, Allariz, Rairiz de Veiga e Sandiás, e un sinfín de voluntari@s anónimos que sería moi difícil nomear, e por se me esquezo dalgún fago o agradecemento en xeral.
Acrecéntase a participación voluntaria dos veciños das aldeas do Concello
Gracias de corazón a tod@s por participar. Cada ano participa máis xente do concello, tanto traballando nos preparativos como participando activamente no evento. Participase activamente facendo a Andaina ou o Trail, pero tamén se participa tomando unha caña e animando ós participantes. Os eventos que organiza o concello son para todo o mundo, non hai distinción ningunha, quen queira pode participar e, desde este foro digovos que xa empezamos a traballar para que o VI Trail e Andaina Montes de Sandiás sexa outra vez un éxito, e tamén vos digo que estades xa desde hoxe convidados a participar de calquera maneira das posibles: axudando á organización, participando no evento o día que se celebre, ou tomando unha caña e aplaudindo ós participantes, ou, como non, dos tres xeitos.
Quero facer unha mención especial a Pablo Feijoo que prácticamente só en moitos momentos confeccionou e preparou o trazado do Trail que foi moi valorado por todos os participantes.
Xuntos, pasándoo ben e disfrutando: a satisfacción do alcalde
Estou moi contento de que todo saíra ben, crédeme, detrás deste día hai moitisimo traballo, e a mellor recompensa para os que traballamos, é ver o concello cheo de xente participando e pasandoo ben, así nos tamén desfrutamos. Moitas grazas. Vemonos no VI Trail e Andaina Montes de Sandiás.
Unha aperta. O Alcalde.