Un grupo inicial de 1º de Bacharelato do IES Cidade de Antioquía do Concello de Xinzo de Limia, fai unha visita guiada á fermosa Igrexa de Santo Estevo no Concello de Sandiás, no contexto da celebración do V Centenario da Igrexa. O grupo está acompañado polos seus educadores, a guía oficial de Xeitura Cooperativa e o sacerdote encargado da igrexa parroquial. Esta iniciativa é posible grazas á subvención ao Concello de Sandiás por parte da Axencia Galega de Turismo. A visita durará case unha hora e media e pasarase revista de maneira particular ás portas manuelinas de entrada, á torre da igrexa cos arcos apuntados e ao famoso retablo do interior do importante escultor Francisco de Moure.
De momento esta será a derradeira das visitas mentres non mellore a situación sanitaria.