O C.E.I.P. de Sandiás visita a exposición didáctica “Sin biodiversidade non hai vida” no Centro de interpretación Lagoa de Antela

Estreamos a exposición didáctica “Sin biodiversidade non hai vida” no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela na semana do 14 ao 27 de Novembro. O estreno foi protagonizado por trinta nen@s de infantil e primaria do C.E.I.P. de Sandiás acompañad@s dos seus educadores.

As rapazas e rapaces foron guiados polos dez paneis da exposición destacando as ideas máis importantes. Nalgúns momentos, reunidos en grupos, fixeron actividades prácticas relacionadas coa biodiversidade, os hábitat dos animais e das plantas, a contaminación e a biodiversidade perdida na desecación da Lagoa de Antela.

A exposición estivo organizada por Ecoloxistas en Acción-Ourense e o Colectivo Amigos de las Cigüeñas-Ciconia coa colaboración do Concello de Sandiás nas visitas guiadas. Ambos colectivos traballan na educación ambiental como elemento clave para o futuro do planeta e da vida.

A exposición está formada por 10 grandes paneis que explican a importancia da biodiversidade, cales son as principais causas directas e indirectas da súa progresiva desaparición e que podemos facer para conseguir a súa conservación. Xunto coa crise climática é a principal ameaza para a vida no planeta terra.

A visita á exposición pódese levar a cabo con previa cita, chamando ao teléfono do concello: 988 46 50 01.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.