O CEIP de Sandiás realiza unha visita guiada á exposición itinerante «As nosas amigas as cegoñas» no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

O venres 24 de novembro ás 12:00 da mañá inauguraremos no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela co alumnado do CEIP de Sandiás a exposición itinerante (6 paneis de 80×1,80) “As nosas amigas as cegoñas”. Tanto Nancy Blanco do colectivo “Amigas das Cegoñas” como a bióloga María Docampo ofreceron os cativ@s unha explicación didáctica excelente e atractiva sobre cada panel interpretativo, explicando desde a bioloxía, hábitats, alimentación, poboación na provincia de Ourense, múltiples datos dos censos realizados, pasando por ameazas e dificultades como son a destrución de niños, colisión e electrocución en tendidos, eólicos e a proliferación da inxesta de residuos sólidos, gomas, micro plásticos, así  a problemática das cordas de rafia que portan aos niños, etc.

Así mesmo contaron a vida das cegoñas a través dun conto  que seguiron con moita atención e finalmente resumiron todo o traballo cunhas actividades didácticas plasmadas nun caderno didáctico personalizado para cada alumno e alumna. Todos o pasaron moi ben e aprenderon xogando sobre a ave estrela da Limia, a cegoña que temos que coidar con mimo, divulgar e protexer.

É unha exposición que viaxará por toda a provincia de Ourense, (e resto de Galicia), polos núcleos máis activos con poboación da especie para normalizar e conciliar a súa presenza, explicar os seus beneficios, ofrecer información ás veciñas e Concellos ante algún tipo de dúbidas do asentamento de niños.  Non podemos esquecer que a cegoña branca (Ciconia ciconia) atópase incluída en distintos convenios ou normativas que velan pola protección da fauna, como son o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas e o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, figurando en ambos coa categoría de Interese Especial, e o Anexo I das Directiva Aves da Unión Europea.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?