O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela contou con presenza na introdución ao curso. Dito curso de introdución celebrouse no Concello de Baltar e foi impartido por Alfonso Polvorinos e terá continuación en próximas datas no Concello de Sandiás.
O GDR 10 Limia Arnoia traballa no desenvolvemento do ecoturismo e o turismo ornitolóxico no ámbito do Xeodestino A Limia, formado polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairíz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia. Este territorio conta con áreas de gran interese para a observación das aves, como é o caso das Areeiras de Sandiás, a Veiga de Ponte Liñares ou a Serra de Larouco, que teñen un amplo potencial para acoller iniciativas e experiencias turísticas de ecoturismo e, especialmente, de turismo ornitolóxico.
Conscientes desta oportunidade, o GDR 10 Limia Arnoia, xestor do Xeodestino A Limia, traballa nun proxecto para impulsar este tipo de turismo e desenvolver diversas iniciativas. Unha delas é a posta en marcha dun Curso de Ecoturismo e Turismo Ornitolóxico que terá dous momentos: unha introdución marco no Concello de Baltar o 20 de novembro e un curso intensivo de dous días para crear produtos de Turismo Ornitolóxico no Centro de Interpretación de Antela (Sandiás) os días 11 e 12 de decembro e do cal se dará próximamente oportuna información para os interesados (empresas de turismo de natureza, restaurantes, hoteles, personal técnico de turismo, etc).