O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, coñecido popularmente como “Casa da Lagoa” reabre de novo as súas portas durante xullo, agosto e setembro, ata outubro. O centro ofrece aos visitantes unha exposición permanente sobre a relevancia e curiosidades da Lagoa de Antela así como as formas de vida dos seus habitantes. As temáticas expositivas recorren as terras das augas, os pobos das augas, debaixo das augas, arredor das augas, a vida nas augas e proxectos de recuperación da Lagoa de Antela.
O Centro está aberto dende o martes, 4 de xullo ata o 1 de outubro, de martes a domingo, de 16.00 ás 20.00 horas. O prezo para os non residentes en Sandiás é de 1 euro.
Para a exposición aos visitantes empréganse diversas técnicas para a dinamización do patrimonio como maquetas e reproduccións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas, publicacións (folletos…) etc. Así mesmo tamén está en funcionamento un Facebook do propio centro.
Coma noutros centros de interpretación , o percorrido polas salas faise a través da integración dos seguintes recursos no seguinte itinerario de visita: sala de recepción (Sala 1), sala introdutoria (sala 2), sala de proxeccións (sala 3), memoria etnográfica viva (sala 4,5), patio con paneis metálicos coa flora primixenia da Lagoa (sala 6), sala interactiva (sala 7), a natureza da Lagoa (sala 8) e Xogos interactivos (sala 9).
Anímaste a visitalo? Reserva visita a través da páxina do Facebook do propio Centro de Interpretación: