O Concello de Sandiás finaliza o Obradoiro de estimulación cognitiva coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR)

O xoves 14 de xullo finalizou o obradoiro que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, executaron e patrocinaron respectivamente. Destinado a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, contou con carácter gratuito ao longo do ano 2022.

O primeiro obradoiro comezou o xoves, 31 de marzo ás 18:00 da tarde e o último finalizou o 14 de xullo de 2022, cunha duración de cinco meses.

Participaron un total de 25 veciños das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Xinzo, Couso de Limia e As Pegas. Houbo unha merenda de despedida e entrega dos correspondentes diplomas.

A animadora especialista que desenvolveu o temario do obradoiro foi Mayara Estevam, educadora social. Os obxectivos do obradoiro foron na liña de traballar o envellecemento activo. As sesións duraban unha hora e media e traballouse persoalmente e en equipo. Tratouse de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas. Entre os tipos de actividades que se realizaron destacan a estimulación cognitiva, actividades de psicomotricidade, cálculo, razoamento, percepción, atención, memoria e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”.

Foi unha actividade que gustou moito e os participantes quedaron con ganas de repetir de cara o próximo ano 2023, dado que as persoas interactúan entre elas rachando coa soidade, aumentando a súa autoestima e fortalecendo o texido da comunidade territorial.

Os asistentes recibiron tamén de agasallo un lápiz máxico que vai permitir continuar co traballo do obradoiro ao longo do verán.

O Concello de Sandiás agradece a AFAOR e en particular a Mayiara a súas ensinanzas e facer pasar uns maravillosos momentos xuntos.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?