O Concello de Sandiás, grazas a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, pon en marcha un programa de visitas guiadas á Igrexa, de estilo entre o tardogótico e renacentista, e construída antes de 1520 polo mestre de cantería portugués, Bartolomeu Nosende.
O templo conserva no seu interior o retablo renacentista de Francisco de Moure, as portas de estilo manuelino da fachada principal (oeste) e lateral (norte) e unha fermosa bóveda de cruzaría xa renacentista.
O Concello, en colaboración coa Parroquia, vén de organizar un programa de visitas guiadas para dar a coñecer un dos enclaves turísticos de maior interese patrimonial do municipio.
O programa de visitas materializarase nas diferentes datas que mostra o cartaz. Unha guía oficial da Cooperativa Xeitura atenderá as visitas á Igrexa. As persoas interesadas teñen á súa disposición o número de teléfono que aparece no cartaz a través de cal se pode recibir cumprida información