Rematamos dous meses espectaculares rodeados dos nen@s que fixeron todo moi doado, en palabras dos seus animadores. Desfrutaron xuntos con cada actividade, cada xogo e todas as vivenzas compartidas!
Deixámosvos un pequeno álbum de fotos que reflicten as últimas semanas dun campamento do que desfrutaron os rapaces e rapazas de Sandiás e arredores. Foi unha fermosa oportunidade para socializar, e tamén unha plataforma para o ocio activo, saudable e non violento. Ademáis, consistiu nunha axuda máis a conciliación familiar, tan necesaria nestes intres.
Nas últimas semanas desenvolveron as seguintes actividades: obradoiro de manualidades, película de cinema, paseo pola área recreativa de Couso de Limia, xogos deportivos, xogos populares cooperativos (carreira de sacos, equilibrio con obxectos, culler con pataca, turra-soga…), creatividade coa globoflexia, disfraces, firma de postais de recordo do campamento, felicitacións de aniversarios e festa final con mangueira de auga incluída para o refresco.
Grazas aos rapaces e rapazas participantes e protagonistas e as familias pola súa confianza depositada no concello unha vez máis. A entidade xestora, AtelierSocial, grazas pola súa competencia e cercanía a través do equipo animador do campamento.