O ilusionista Dani Polo en Sandiás: naturalidade e mestría con mestura de comedia, música e implicación do público

O domingo 24 de xullo pola tardiña, desfrutamos no Polideportivo de Sandiás de “Unha parada máxica”, espectáculo de maxia protagonizada polo mozo ilusionista galego Dani Polo. Preto de 80 veciños gozaron da maxia, moitos deles “internacionais” (xente de Sandiás, Oviedo, Mérida, Xinzo de Limia, etc). Graciñas pola participación de maiores e cativos.

Magnífico espectáculo, que se desenvolveu con moita mestría e naturalidade, con efectos sorprendentes mesturando comedia, música e unha gran implicación do público. Como? A través do xogo dos pompones, xogo do encesta e gana, o dado a caixa e a chistera, aros que cambiar de cor, xogo do borlón vermello, a caza do peixe, introdución de moedas imaxinarias en vasos de cristal investidos, descuberta mental de caras de baralla de pocker e un impresionante número de escapismo.

Finalmente, pechou o espectáculo coa narración dunha historia da infancia onde nevaba na televisión e no seu propio pobo de Boimorto. Cando deixou de nevar quixo que o efecto se prolongase e logrouno maxicamente con papel, auga e un abanico. Ese foi o comezo da súa vocación de mago.

Dani Polo foi premio nacional de Maxia, meigo revelación europeo no ano 2018 e finalista do programa “Pura Maxia» de TVE.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?