O instinto de Alazán: cigarróns, tradición e Galicia

Co gallo da presentación en público do libro O instinto de Alazán, o verinés Edelmiro Luís Mateo García, fará unha exposición falada, mesturada con música interpretada polo propio autor do contido da súa novela.

A Casa da Cultura de Sandiás será o escenario no que se levará a cabo o acto literario que terá lugar o venres 26 de agosto ás 21:00.

Empregando como pretexto a narración de dúas peregrinacións en sentido inverso (de Verín a Santiago e de Santiago a Verín), o autor retrata a Galiza raiana e mesmo a Galiza Xacobea. Con dúas personaxes colectivas (Verín entroideiro) e o Santiago de Compostela (Xacobeo e turístico) xunto cos símbolos que constitúen a identidade dun pobo e un eloxio apaixonado da tradición pechan este precioso relato a cabalo da memoria a historia e a fantasía.

Dedicado aos Cigarróns de Verín, a esencia do libro resúmese nestas tres palabras: cigarróns, tradición e Galicia.

Os e as asistentes poderán adquirir un exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?