O pasado xoves 20 de xullo pola mañá, dentro do variado programa de actividades extraescolares, aproximadamente 37 participantes acompañados do equipo educativo e das familias, os nenos e meniñas do PAI de Sandiás visitaron o aeródromo de Antela.
Os nenos e meniñas estaban emocionados. Os pilotos ensináronlles as avionetas e como cargan e descargan a auga. Tamén puideron ver a pista de aterraxe. O persoal encargado foi moi amable e tivo moita paciencia. Os nenos e nenas encantados.
O aeródromo de Antela está situado no límite sueste do termo municipal de Sandiás, na provincia de Ourense, a uns 4,5 kilómetros ao nordeste da zona urbana de Xinzo de Limia e a 4 kilómetros ao sur da de Sandiás. A pista de voo sitúase a 350 metros ao sur, e paralela, á canle principal da lagoa de Antela. Trátase dun aeródromo restrinxido á aterraxe e despegamento de avións de carga en terra dedicados á prevención e loita contra incendios realizados pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.