Os rapaces e rapazas querémolo dicir con cores: en Sandiás construímos igualdade

Na aldea de Piñeira de Arcos no Concello de Sandiás, lucirá un expléndido mural colaborativo realizado polo artista grafiteiro Camilo máis o seu axudante Diego, que acompañaron ós rapaces e rapazas do Campamento de Verán “Concilia 2020 pola Igualdade” e xestionado pola entidade de animación socio-cultural Atelier Social. O mural está situado nas antigas escolas de mestres de Piñeira de Arcos, rehabilitadas en vivendas sociais. O obxectivo da actividade artística, con máis de sete horas de traballo de explosión de cores, foi concienciar aos visitantes en favor da igualdade entre homes e mulleres e na loita contra a violencia de xénero.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?