Peche da V Edición do Campus de baloncesto Salva Arco no polideportivo do Concello de Sandiás

O sábado, 5 de Agosto púxose punto final á V Edición do Campus de Baloncesto Salva Arco 2023 e aquí deixámosvos un álbum de fotos de xornada. Á primeira hora desenvolvéronse concursos de triples, habilidades, two ball e 4×4.

A continuación fíxose entrega de premios aos participantes acompañados dos aplausos e felicitacións dos pais, nais e avós presentes no acto e que xa forman parte da “familia Campus Arco”.

Representando ao Concello de Sandiás estivo presente o seu alcalde, Felipe Traveso e ao Concello de Xinzo de Limia a Concelleira de Deportes, Cristina Campero que recibiron unha camiseta de agasallo así como un agradecemento por poñer a disposición os recursos posibles en favor desta iniciativa.

Moitas grazas, de novo, en nome do Concello de Sandiás por estar presentes xa coa quinta edición neste pequeno núcleo rural dándolle vida ás áreas recreativas existentes; pola proposta educativa integral ofrecida (competencias técnicas, acompañamento, convivencia e lecer activo); polos modelos de excelencia que ofrecedes aos mozos e mozas ao longo do Campus e por colaborar na dinamización do mundo rural.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?