Por tres razóns: máxica esta noite co Mago Teto ao carón da Torre do Castro

Grazas a todos por acompañar nesta fermosa noite de verán o remodelamento da torre desmouchada hai sete séculos e testemuña do declive do mundo medieval, do moderno e o esmorecemento de parte do contemporáneo, pero tamén do rexurdimento doutros tantos.

Grazas pola vosa presenza. Máis de 100 veciños, familiares e amigos que empurrastes para que os artistas sigan creando cultura para o noso disfrute a pesar destas circunstancias de pandemia.

Grazas pola continua creatividade do Mago Teto, que repite no Concello. Grazas ao público asistente, e pedimos disculpas de corazón polas moitas persoas que non puideron acceder ao recinto por mor das circunstancias que estamos a vivir.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.