No marco do #OutonoeInvernoCulturais, o Concello de Sandiás organiza a actividade de Ximnasia de Mantemento, dentro do Programa Mantente Activo.
Os destinatarios de dita actividade son os veciños e veciñas empadroados no Concello.
- Cando terá lugar? Entre os meses de outubro e xuño.
- Onde terá lugar? Na Casa de Cultura (Baixo).
- Cal é o horario? Luns e mércores ás 19:15.
A inscrición pode realizarse na Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00, ata o 10 de outubro ou a través do formulario.
As prazas son limitadas.