Viñan de ver a gran Dama da Lagoa en Xinzo e viñan moi emocionados a realizar a visita a Casa da Lagoa. Acudiron preto de 30 meniños e meniñas moi atentos e interesados, xa que están a preparar un traballo sobre a Lagoa de Antela, polo que fixeron moitas preguntas. Viñeron acompañados de catro educadoras.
Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela. Todo iso a través da nosa exposición con pezas históricas, etnográficas, fotografías antigas, vídeos, paneis interactivos. Unha actividade da que disfrutaron foron os contos e lendas dramatizados sobre a Lagoa, en concreto o “Nacemento da Lagoa” e a “Princesa Ra”.
Na planta de arriba gozaron vendo a flora e a fauna, e tamén moito cos xogos interactivos sobre os cantos dos páxaros e o xogo da ra.
Grazas pola visita a Casa da Dama da Lagoa. Todos gozamos moito e esperamos que volvades de novo.