Prevención dos riscos da osteoporose no Concello de Sandiás

A Escola Rural de Saúde da Limia vén de impulsar unha campaña para previr os riscos da osteoporose, en colaboración coa Deputación de Ourense e en sinerxia co Máster en Nutrición Pablo García Vivanco, a enfermeira Elisa Cadaya González, a psicóloga Rosa Trujillo e a Coordinadora da Escola Rural de Saúde da Limia, Lola Rico, que chegou ao noso Concello o luns, 27 de xuño.

Na reunión, Lola Rico aportou interesante información sobre alimentación e hábitos saudables, e sobre a prevención da perda de masa ósea e aparición de fracturas. Coordinou tamén a realización da proba de medición por ultrasón da densidade ósea do calcáneo. Como complemento, a psicóloga Rosa Trujillo mantivo unha conversa-coloquio cos asistentes sobre os aspectos psicolóxicos relacionados coa osteoporose e a súa prevención.

Grazas pola asistencia e participación de aproximadamente 20 veciños do Concello.

A osteoporose é unha enfermidade silenciosa de perda de densidade ósea, que aumenta coa idade e que volve os osos máis fráxiles, sendo a principal causa das fracturas de cadeiras nas persoas maiores. Para minimizar os seus efectos, é necesario adquirir coñecementos sobre a alimentación rica en calcio e vitamina D, manterse activos, tomar o sol, usar calzado adecuado, ter unha contorna segura na vivenda, e levar un bo control da medicación.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?