No contexto de celebracións polo V Centenario (1920-2020) da construcción da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, comenza un proxecto de Visitas Guiadas ao templo organizadas polo Concello de Sandiás en colaboración coa parroquia, subvencionadas pola Axencia Galega de Turismo e executadas por Xeitura Cooperativa – empresa adicada, entre outras actividades, a temas de divulgación do patrimonio.
A primera visita estivo conformada por un grupo amplo de vinte persoas, veciños das distintas aldeas do concello como Piñera de Arcos, Couso de Limia, Sandiás, Cardeita e As Pegas, e que tiñan interese en coñecer mellor o patrimonio histórico-artístico. Tamén se acercaron de Xinzo de Limia. Hai que destacar a resposta da veciñanza a esta primeira convocatoria na que se había establecido un mínimo de 10 persoas e un máximo de 20.
A iniciativa, que se prolongará ao longo do ano 2020, trata de poñer en valor este conxunto histórico-artístico, especialmente a porta central de estilo manuelino e o retablo do importante escultor Francisco de Moure.
O templo é de estilo entre Tardogótico e Renacentista e foi construido antes do 1520 polo mestre da cantería, Batolomeu Nosende. A finais do 2019 celebrouse un acto no templo polo 500 aniversario, cunha celebración eucarística presidida polo Bispo da diócese ourensá.