Primera e segunda semana do Campamento Concilia 2022: xogos, obradoiros, sendeirismo e preparación dunha obra de teatro

Ao longo das dúas primeiras semanas, os rapaces e rapazas do campamento veñen facendo diferentes actividades. Esta actividade é unha oferta lúdica e formativa concebida para dotar aos neno/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto, un xeito de vida saudable e o achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura. Tamén co fin de facilitar a conciliación das familias nos meses nos que non hai colexio.

Canto gozan no Concilia Verán 2022 do Concello  de Sandiás os máis pequenos do Concello! Durante as dúas primeiras semanas, divertíronse con moitas actividades! Aquí tendes un pequeno álbum de algunhas actividades: xogos tradicionais, paseo polo parque, final campeonato do Un, Obradoiro de pintura de paus pedras e flores, xogos de substitucións e testemuñas, etc.

Para as próximas semanas haberá unha sorpresa coa preparación dunha obra de teatro. A temática da obra aínda é un secreto.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.