Programa de actividades na Estación de Montaña Manzaneda

Comunícase a tódolos interesados que a Deputación Provincial ofrece un programa completo de actividades nas instalacións da Estación de Montaña Manzaneda, incluíndo estancia, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias.

  • Beneficiarios: Nenos e nenas nacidos dende o 1 de xaneiro de 2010 até o 31 de decembro de 2013 na provincia de Ourense.
  • Duración: Tres días – dúas noites (de luns a mércores, entrada con comida e saída con almorzo).
  • Quenda comarca da Limia: Do 31/01 ao 02/02
  • Inscripción: Realizarase estritamente mediante o seguinte correo electrónico: esquiou@depourense.es, adxuntando o formulario cuberto e a fotocopia do DNI do participante.
  • Prazo máximo de inscripción: Día 15 de xaneiro de 2022 ás 14:00 horas.
 

Cada participante deberá aboar unha cantidade de 29,00 €, xa que o resto do importe está subvencionado pola Deputación Provincial. O método para seleccionar os participantes é a rigorosa orde de inscripción.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?