Proxecto de dinamización comunitaria

Sabes bordar, coser, calcetar, ganchillar e queres compartilo cos demáis? Queres pasar unha tarde lendo, practicando xogos de mesa, facendo debuxos ou mandalas? Gustaríache compartir as túas habilidades cos demáis ou aprender outras novas?…

Se che apetece todo isto podes poñelo en práctica a partir do día 11 de febreiro no Centro Social do Concello en Sandiás, os sábados de 16.00 h a 20.00 h.

Desde o concello e, en concreto, desde a Concelleria de Xustiza Social e Participación Cidadá do Concello, convidámoste a que compartas as tardes dos sábados cos teus veciños e veciñas, gozando de todas estas actividades: lectura, escritura, labores, xogos de mesa, música…

Aberto a todos os públicos. Lembra: a partir do 11 de Febreiro, os sábados de 16.00 h a 20.00 h. ¡Anímate! ¡Esperámoste!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.