Pintura ao óleo. Paisaxe. Fabiola Lorca.
Neste mes de febreiro, reiníciase o Obradoiro de Pintura, Restauración e Manualidades.
Os destinatarios de dita actividade son os veciños e veciñas empadroados no concello. Terá lugar no Baixo da Casa da Cultura.
Horarios:
- Grupo do luns (19:00-21:00)
- Grupo do mércores (19:00-21:00).
Dita actividade é gratuita. Quedan moi poucas prazas libres, que se poden reservar chamando ao Concello no horario de atención (de 09:00 a 14:00).