O venres, 3 de setembro rematou o campamento “Concilia 2021”. Un ano máis, o goberno do Concello segue a aplicar políticas de conciliación na época estival co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar na medida que sexa posible.
Ao longo da numerosas e variadas actividades educativas, os cativos tiveron a oportunidade de socializar cos seus iguais, aprender a traballar en equipo, coñecer o patrimonio, respectar a natureza, fomentar o respecto entre iguais, manter unha disciplina e hábitos de vida ao longo do período do verán, así como desenvolver un ocio activo e saudable.
Dende o concello agradecemos, unha vez máis a confianza e apoio das familias, así como tamén damos as grazas ao equipo de animadoras profesionais polo seu traballo responsable e a súa dispoñibilidade. Tamén a entidade que representan, Atelier Social. E como non, moitas grazas aos protagonistas: os nenos e nenas que participaron ao longo de dous meses.
As actividades que levaron a cabo nestas dúas últimas semanas foron moi variadas e novidosas. Algunhas delas son as que seguen: concurso de zancos, xogos de coñecemento, taller de pop it, xogos de mesa, guerra de auga, o concurso da ra, concurso de debuxo en tiza, menos apoios, princesas e dragóns, curso de baile, xogos de baralla española, vermellos e negros, xogo de preguntas do Camiño de Santiago, o chan é lava, un dous tres plan, Parlamento Infantil co alcalde, debuxos dos diferentes Camiños de Santiago pola zona de A Limia, visionado de películas, búsqueda do tesouro acuática, pilla nome, polis e cacos, o grito da selva, coñece os teus compañeiros, animación a lectura co libro “Unha vida de rá” con actividades específicas sobre a vida da rá e o oficio do raneiro na Lagoa de Antela.
Culminou o campamento cunha festa da escuma.
Ata o ano que vén!