Sandiás e máis aló na Xeración e na Revista Nós

A presentación do libro “Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós” do historiador Alexander de los Ríos Conde e a lectura pública de textos significativos e orixinais de Cuevillas, Risco, Otero e Urbano, acompañado de imaxes históricas, terá lugar o venres, 23 de xullo, ás 20:15, na Casa de Cultura de Sandiás.
 
Seguirase o protocolo sanitario: prazas limitadas ata completar aforo, máscara obrigatoria, xel hidroalcohólico e distancia social establecida pola normativa vixente.
 
Un dos primeiros investigadores que sacou a luz de maneira sistemática a colleita folclórica de Urbano Santana foi o lingüista Elixio Rivas no seu libro A Limia, Val da Antela e Val do Medo, publicado no 1980 e premio Otero Pedrayo. O concello de Ourense e a Deputación co gallo de se cumprir daquela o noventa aniversario da publicación de Nós, declararon o día 30 de outubro como día de Nós e tiña coa misión de engrasar os motores de cara ao centenario de 2020. Neste contexto, o Concello de Sandiás en 2014 publica na revista A Torre do Castro os traballos de Urbano Santana.
 
De novo, o Concello de Sandiás, no ano do centenario (2020) quere celebralo re-visitando por terceira vez a obra de Nós e Urbano en tres direccións: profundizando no contexto biográfico e socio-político de Urbano Santana na Alta Limia e redactando unha escolma de textos dos autores principais de Nós que describiron o territorio que abrangue o concello e máis aló e que aparecerán nunha publicación gratuita que se repartirá entre os asistentes.
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?