Sandiás e o Val de Antela no Libro «A Limia» de Elixio Rivas

Monográfico nº 49 da Revista Raigame

Este ano a edición do mes de maio de 2023 de revista de cultura popular Raigame vai adicada a Don Elixio Rivas que recomendamos vivamente. Nos diferentes artigos participan escritores ourensáns que exploran o legado de Rivas en ámbitos tan diversos como a onomástica, a toponimia, relixión, historia, museografía, lingüística e etnografía.

Entre as diferentes sinaturas interésanos no que se refire a Sandiás e o Val da Antela a de Delfín Caseiro que leva por titulo “A Limia de Don Elixio” e a de Vicente Feijoo Ares “Elixio Rivas, toponimista”. Aportan nelas exemplos da riqueza lingüística e das particularidades idiomáticas locais (“xaramea”, “lamagorza”); da paisaxe da Antela e da mutitude de bichoada (“samexugas”), da época pre-romana (os palafitos (“piornos”, “cortellos”), antas, mámoas (“mamuela”), castros (monte Pendón en Piñeira de Arcos), gravados (o petroglifo do Penedo da Cabra en Piñeira de Arcos) e cerámicas no Castro de Sandiás; da época romana (a Vía Nova cruzando a Lagoa de Antela, os Miliarios de Zadagós, Vilariño das Poldras, a ara romana de Sandiás).

Tamén se mencionan historias de mouros e encantos (o túnel do castelo de Sandiás, a moura peiteada do Monte das Cantariñas); referencias á agricultura antigua (“palla aurea”, cultivo do liño); descricións das aldeas (Sandiás, antes “Vilar de Sandiás”); a xente e os oficios medievais; cantigas, adiviñanzas e refráns; lendas e contos (a cidade asolagada de Antioquía, Santa Mariña criada pola súa aia, veciña da aldea de Piñeira de Arcos); diversos aspectos folclóricos e etnográficos (referencias a costumes, patróns como San Bieito de A Uceira, festas como o Entroido e o Nadal).
Vicente Feijoo Ares en “Elixio Rivas, toponimista” indica a súa gran riqueza e variedade de aportacións na toponimia maior (A Corga, Lavandeira, Zadagós) e menor (“augiña clara”, “ría”…).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?