Teatro familiar: Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xácome, que por un malentendido coa quenda se atopan nun muiño de auga. Ó ver que os dous non poden moer o mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para Galicia: o muíño de auga.

Muiñada é unha viaxe ao pasado. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, é teatro para toda a familia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.