Terceira e cuarta semana do Campamento Concilia 2021: xogos, obradoiros, lendas da Torre do Castro e plantacións

Entre outras actividades, podemos destacar na terceira semana as seguintes: pilla cadea,  béisbol sen balón,  balón prisioneiro, concurso de baile e musical, xogos de mesa (bingo), xogos tradicionais (birlos, petanca, rá, truco) e talleres (libélula, macetas, tatuaxes temporais).

Ao longo da cuarta semana, destacamos as seguintes actividades:  pilla manteiga,  crebacabezas, segue o ritmo,  coreografías, xogos de mesa (Tivial,  Party&Co), xogos tradicionais (chapas,  canicas) e talleres (globoflexia, maquillaxe infantil).

Destacan as actividades de excursión á torre do Castro e a aldea de Santa Ana.  Alí coñeceron lendas sobre a torre e realizaron xogos do “rei de Sandiás”. Tamén levaron a cabo plantacións coas súas correspondentes regas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?