Dende o Concello de Sandiás, representando ao alcalde Felipe Traveso, o concelleiro de cultura Pepe Gándara asistiu á entrega dos premios, hoxe 9 de agosto, no polideportivo de Xinzo de Limia.
En nome do alcalde, moitas grazas ao Campus Salvador Arco por dar unha oportunidade de contacto social á mocidade nun contexto de confinamento, ofrecerlle unha plataforma para o ocio activo e saudable, promovendo as súas habilidades deportivas de cara a excelencia.
Grazas tamén por escoller o CEIP de Sandiás como un dos campamentos base.